luns, 26 de xuño de 2023

Historia de una maestra de Josefina Aldeoca

O club de lectura Fiúnchos literarios pechou o curso nunha xornada con café, biscoito e o clásico da nosa literatura Historia de una maestra. 

Josefina Aldeoca retrata a vida de Gabriela, unha mestra en tempos de República pero con inquedanzas que se achegan moito ás das mestras de hoxe en día.

Gran lectura!

Retomamos en setembro con En la boca del lobo de Elvira Lindo e novas incorporacións.

Feliz verán lector.

xoves, 22 de xuño de 2023

Viaje al centro de la tierra

Rematamos o curso de Lunares en acción coa lectura escollida polo alumnado: Viaje al centro de la tierra de Jules Verne. 


Gustounos moito e despedimos un curso cheo de lecturas e aventuras. 



xoves, 15 de xuño de 2023

Roteiro literario


Hoxe foi un día especial para os clubes de lectura.

Fomos de Roteiro literario a Portomarín.

Este ano lemos O misterio de Portomarín de Antía Yáñez, e puidemos ver en directo os diferentes sitios polos que van Sabela, Carola, Antón e Iria en compañía de Venres.

Viñeron invitadxs as persoas voluntarias da biblio que tanto axudaron a Lunares. 

Fomos visitar o castro de Castromaior, a igrexa de Portomarín, o encoro de Belesar e rematamos na área recreativa de Meixaboi, para darnos un descanso.

Gran experiencia! 



domingo, 11 de xuño de 2023

Alfombra de flores picassiana

A ANPA do cole colaborou co PDI Este Picasso é un caso; e de que maneira!!

Elaboraron diferentes alfombras con flores para que hoxe toda a vila de Ponteareas puidese gozar delas na festividade do Corpus.

Un traballo espectacular! 







venres, 9 de xuño de 2023

Contacontos interxeneracionais

Hoxe foi un día especial para o alumnado voluntario na biblio de Lunares. Arrancaron ás 9.30 cargados de ilusión, nervios e contos cara a Residencia de maiores de Ponteareas e a Galiña Azul de As Neves. 

Alí recibíronos unha cativada moi atenta e persoas maiores cheas de ilusión por escoitar a sorpresa que lles levaban.



O alumnado interpretou os contos “La mejor mamá del mundo” e “No, no y no”.

Foi unha experiencia marabillosa. Repetiremos! 



martes, 6 de xuño de 2023

Picasso branco no recordo azul

 Este martes foi un día especial para o alumnado de 3º. Despois de meses traballando sobre a figura de Picasso, achegáronse á exposición “Picasso branco no recordo azul” no Museo de Belas Artes de A Coruña.

Alí fixéron un percorrido pola súa traxectoria e puideron ver algúns dos seus cadros. 



#EstePicassoéuncaso