xoves, 16 de decembro de 2021

VAMPIRA DE BIBLIOTECA

O alumnado dos clubs de lectura rematou de ler Vampira de biblioteca de Ledicia Costas. Encantoulles e quedaron prendados das aventuras da súa protagonista Eleonora.

Para mostra, fixeron un book-trailer da novela onde vos animan a ler! 




mércores, 15 de decembro de 2021

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS DE NADAL

Como cada ano, Lunares vos fai recomendacións de lecturas para este Nadal.

Que as desfrutedes! 



sábado, 4 de decembro de 2021

3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

 



Para a celebración deste día tan importante no que se reinvindican os dereitos das persoas con diversidade funcional e a súa inclusión real na sociedade, no cole fixemos varias actividades.

VISITA DE SARA E ROCÍO, dúas traballadoras usuarias do servizo “Emprego con apoio” de Down Vigo.

O venres 3, as aulas de 3º e 6º de primaria tiveron o privilexio de entrevistar a dúas mozas que están traballando en sendas empresas de limpeza e automoción.

Faláronnos da súa experiencia laboral, en que consistía o seu emprego, as dificultades para atopar traballo, o que máis lle gustaba, o que estudaran etc.

A rapazada quedou impresionada do traballadoras que son e de como cada persoa coa súa diversidade pode acadar aquilo que se propoña.

 




EXPOSICIÓN “O CAMIÑO QUE NOS FAI IGUAIS”.

Como o camiño da inclusión percórrese entre todos, tamén elaboramos unha exposición de carteis nos que manifestamos pautas para fomentar a inclusión no ocio, na escola, no traballo así como na accesibilidade universal. Cada cartel ía acompañado dun código QR que contiña un audio descritivo do mesmo. O obxectivo foi dar acceso á exposición a persoas con baixa visión ou cegueira.

Aquí vos deixamos un video da exposición.





25N- DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Enmarcado no plan proxecta DONAS DE SI, no cole traballamos durante estas semanas de cara o día 25 de novembro, onde nos manifestamos a prol da non violencia en todas as súas variantes.

Dende a biblio fixemos unhas recomendacións literarias para poder traballar en todas as aulas do centro.


A maiores, o xoves 25 fixemos unha instalación artística con mans violetas no portón da entrada do cole reinvindicando a non violencia. Aquí vos deixamos o video que elaboramos.




INAUGURAMOS LUNARES EN ACCIÓN!

 Os días 4 e 5 de novembro tivo lugar a inauguración dos nosos clubs de lectura. Comezamos a nosa andaina con dous grupos de rapazada de 5º e 6º de primaria.

A nosa primeira parada é un libro de aventuras da escritora galega LEDICIA COSTAS: “VAMPIRA DE BIBLIOTECA”.



Haberá xuntanzas cada quince días onde comentaremos a historia desta vampira ben curiosa.

Seguiremos informando!

luns, 7 de xuño de 2021

Recomendación para o verán

 



Chanzos literarios

Polo día do libro,  a maiores, cada aula do centro elixíu o seu libro favorito, e unha vez seleccionados o equipo de biblioteca púxose mans á obra, e creamos uns divertimos cantos para decorar os chanzos das escaleiras. Que fermosura..





Menina 2021

 Como ven sendo dende fai uns anos, dende a biblioteca e coa participación de toda a comunidade educativa presentamos a nosa menina, relacionada co noso proxecto interdisciplinar "Non te descoides, coidate"



O texto que leva na parte traseira é o seguinte:

Non te descoides, cóidate”

Dende o CEIP Plurilingüe Mestre Ramiro Sabell Mosquera, presentamos este ano unha menina convertida en pioneira.

Isabel Zendal é considerada a primeira enfermeira da historia en misión internacional. Neste curso 2020/21 o noso proxecto interdisciplinar, “non te descoides, cóidate” afondou nas rutinas e os coidados sanitarios.

Quixemos homenaxear á nosa veciña de Ordes, que co seu infatigable traballo, xogou un papel crucial en algo que está á orde do día, a vacinación, sendo a única muller que participa na expedición da vacina da varíola dirixida ás colonias de América e Filipinas. Non só foi unha enfermeira admirable por este feito histórico, se non que tamén o seu afán e valor levouna a ser a reitora da Casa de Expósitos da Coruña, onde se acollían nenos e nenas orfos e abandonados.

“Ser pobre non significa perder a dignidade” (Isabel Zendal)

O proceso de realización...











xoves, 20 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 2021

 Os compis de normalización tiveron unha idea xenial, menudo mural máis chulo quedou. Puramente GALEGO !! Si é que a nosa lingua é unha pasada.





DÍA DO LIBRO

 Este curso decidimos festexar o día do libro como se fósemos editores e escritores a punto de publicar as súas obras.

Os alumnos de primaria deseñaron as portadas dos seus libros favoritos, os alumnos de infantil son uns escritores máxicos, e fixeron adiviñanzas que recolleron en libriños e todas relacionadas cos contos que lemos! Os peques do cole crearon uns marcapáxinas magníficos!



























Ademais estamos a crear os cantos dos nosos libros preferidos para colocar nos chanzos das escaleiras!!

luns, 5 de abril de 2021

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

 

Son a alma de todo centro educativo!

 Feliz día a tod@s!

SEMANA DA PRENSA

 Como todos os anos, durante esta semana traballamos máis intensamente a búsqueda de información nos xornais que nos proporcionan. 

A maiores, as mochilas viaxeiras que durante este curso, visitarán as aulas e se renovan cada trimestre levan un exemplar da revista galega "O Papagaio".

Revista Galega O Papagaio


 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

Lunares propuxo desta vez, traballar cos libros "Pioneiras", encántanlle eses libros. Argallou unha ficha moi chula sobre as diferentes mulleres que aparecen neses libros, para que logo, cada un dos alumnos poida expoñer o que máis lle chamou a atención. Eso sí, tamén argallau polo outro lado, o premio á nosa muller brillante!