No mes de marzo, en relación co día da muller, nos clubs de lectura estivemos lendo o clásico Frankenstein de Mary Shelly, unha pioneira no seu tempo.
Encantounos!
No mes de marzo, en relación co día da muller, nos clubs de lectura estivemos lendo o clásico Frankenstein de Mary Shelly, unha pioneira no seu tempo.
Encantounos!
O alumnado dos clubs de lectura e do programa de voluntariado, participaron nun recitado de poemas que viaxou polas aulas de primaria.
O club de lectura de mamás Ratiños literarios estivo lendo Ana de las Tejas verdes. A entrañable historia dunha nena moi moi especial.
Agardando xa a seguinte lectura!
Para conmemorar o Día da poesía, o alumnado de 5º de primaria asistiu a un obradoiro de poesía e arte postal pola igualdade, impartido pola poeta galega María Lado.
Foi unha experiencia moi enriquecedora.
Despois de desfrutar do manifesto pola igualdade de nenas do cole do pasado mércores, onte conmemoramos de xeito especial o 8M. O alumnado interpretou a canción Matriarcas de Gudi Galega en LSE e construiu un camiño violeta con mensaxes coeducativos que debemos ter sempre presentes!
Aquí vos deixamos un video co resumo.
Onte estivo na biblio de Lunares a narradora e escritora Charo Pita. Convidamos ás familias a un contacontos no que bailamos, cantamos e como dixo Charo, xogamos!
Pasamos un ratiño en familia xenial!
Aquí vos deixamos mostra en video do que foi.
Hoxe 8 de marzo Greta, Hossana, Paula, Carla, Mara e Daria leron un manifesto diante do resto de alumnado e profesorado para conmemorar o Día internacional da muller.
Foi un momento moi emotivo no que reinvindicamos a igualdade real.
Onte o club de lectura de mestras tivemos nova xuntanza, ao redor dunhas ricas empanadas.
Desta vez comentamos La trenza de Laetitia Colombani , unha historia de mulleres a tres, onde se cruzan diferentes culturas e países pero unha soa mensaxe.
O pasado venres o alumnado de 3º encargouse de crear o novo episodio do noso podcast. Menudo traballazo fixeron!!
Aquí volo deixamos para que o escoitedes e comentedes!
Hoxe Lunares encheuse de contos da man da marabillosa Sabela Gago. Dende infantil ata primaria desfrutaron e viaxaron con Martín, unhas galiñas ben fermosas e tres irmáns moi especiais.
Foi unha maña chea de creatividade e maxia.
Non vos perdades o vindeiro martes 14 de marzo a Charo Pita na biblio de Lunares. Fará unha contada para familias e alumnado de infantil e 1º a 4º de primaria. Agardámosvos!
Grazas familias por achegarvos e compartir ganas de sementar pequenos cambios nas vosas crianzas.