Este ano a primeira proposta para o club de lectura de 5º e 6º Lunares en acción, foi El principito. Un clásico de 1943 do escritor francés Antoine de Saint Exupèry ao que nos achegamos con curiosidade e emoción.
xoves, 21 de novembro de 2024
mércores, 20 de novembro de 2024
Soños para levar ten premios!
Hoxe estamos de noraboa porque a maiores do 2º premio que xa recollimos no OlloBoi en xuño; este mércores recibimos o PREMIO A MELLOR GUION no XV OUrenseFilmFestival OUFF Escola coa nosa curtametraxe “Soños para levar”.
#SoñosParaLevar
@BiblioLunares
venres, 15 de novembro de 2024
Álbums encantados
O club de lectura entre alumnado de 4º de primaria da biblio de Lunares e alumnado de 1º da ESO da biblio do IES O Barral tivo a súa primeira xuntanza este venres. Coñecímonos e compartimos as primeiras inquedanzas e dúbidas sobre o álbum ilustrado.
Respirábase emoción e gañas de descubrir novas historias.
Agora que xa temos lecturas asignadas toca ler e agardar a próxima xuntanza para compartilas.
mércores, 13 de novembro de 2024
Fiúnchos literarios
Onte volvéronse xuntar as mestras do club de lectura Fiúnchos literarios para comentar a súa nova lectura “Nuestra casa en el árbol” da madrileña Lea Vélez.
Unha novela moi inspiradora sobre o poder da infancia e o papel que temos as persoas adultas para espertar as súas inquedanzas.
Seguiremos lendo!
@BiblioLunares
venres, 8 de novembro de 2024
Obradoiro de álbum ilustrado
Onte tivemos na biblio de Lunares a Montse Pena para falar de álbum ilustrado co alumnado de 4º de primaria e 1º-2º da ESO e as súas familias.
Foi un encontro marabilloso cheo de cor e historias fascinantes. O club de lectura álbums encantados foise con moitas ideas e recomendacións.