mércores, 23 de marzo de 2022

I CONCURSO DE RELATOS "AVENTURAS NO CAMIÑO"

Lunares convoca o I concurso de relatos co tema "Aventuras no camiño", para celebrar o día internacional do libro. Aquí tedes as bases! Anímadevos!




21 de marzo. Día internacional da poesía.

 No Ramiro festexamos o 21 de marzo o día internacional da poesía.

O alumnado de 2ºA creou e representou un meigallo como se no colexio de Howarts estiveran e o alumnado de 3ºA xogou a crear pareados.





Que é para ti a poesía?

sábado, 12 de marzo de 2022

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

A semana do 8M no Ramiro camiñamos XUNTXS cara a igualdade.

Tivemos unha contacontos moi especial, Uxía Morán, que nos fixo gozar e rir ás gargalladas.

Na biblio seleccionamos libros que reinvindican o papel da muller na sociedade e estrenamos un novo xogo cooperativo baseado no libro “Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes”.

Dende o equipo de convivencia, enmarcado no proxecto Donas de si, fixemos dous murais colaborativos no que visibilizamos a mulleres importantes da historia de España e construímos un camiño cara a igualdade real.

Tamén puidemos coñecer cada día, no hall do centro, a unha muller relevante en diferentes facetas: Cristina Gutiérrez, Alexia Putellas, Vanessa Martín, Penélope Cruz e Flora de Pablo.

E moitas máis actividades que podedes ver resumido a continuación:



mércores, 9 de marzo de 2022

MULLERES DA GALIZA!!!

 Elas xa o din todo.



FÓRA DO NORMAL de María Reimóndez

 

A nova parada da andaina dos clubes de lectura LUNARES EN ACCIÓN foi a novela da escritora galega María Reimóndez, FÓRA DO NORMAL.

Unha historia cun gran trasfondo social e que trata temas moi importantes na sociedade actual como é a diversidade afectivo-sexual. Falamos de empatía e respecto, e debatimos sobre que constrúe a nosa propia identidade.

 


Aquí vos deixamos un pequeno video coas palabras que máis nos impactaron do libro.


Seguiremos lendo. Acompañádesnos?

martes, 8 de marzo de 2022

8MARZO

 EU son libre.

Nada pode conter a marcha

dos meus pensamentos

E ELES SON A LEI 

QUE REXE

O MEU DESTINO

 Rosalía de Castro.


 

xoves, 3 de marzo de 2022

ENTROIDO!!!

 Co permiso dos nosos compis lo LSE CEIP Quiroga Palacios. Aquí tedes está xenial e inclusiva forma de festexalo. 



23 de febreiro, día de Rosalía

 LIBRE É

o meu corazón,

LIBRE

a miña alma

E LIBRE

o meu pensamento

que se ergue

ata o ceo.