luns, 7 de xuño de 2021
Chanzos literarios
Polo día do libro, a maiores, cada aula do centro elixíu o seu libro favorito, e unha vez seleccionados o equipo de biblioteca púxose mans á obra, e creamos uns divertimos cantos para decorar os chanzos das escaleiras. Que fermosura..
Menina 2021
Como ven sendo dende fai uns anos, dende a biblioteca e coa participación de toda a comunidade educativa presentamos a nosa menina, relacionada co noso proxecto interdisciplinar "Non te descoides, coidate"
“Non te descoides, cóidate”
Dende o CEIP Plurilingüe Mestre Ramiro
Sabell Mosquera, presentamos este ano unha menina convertida en pioneira.
Isabel Zendal é considerada a primeira
enfermeira da historia en misión internacional. Neste curso 2020/21 o noso
proxecto interdisciplinar, “non te descoides, cóidate” afondou nas rutinas e os
coidados sanitarios.
Quixemos homenaxear á nosa veciña de
Ordes, que co seu infatigable traballo, xogou un papel crucial en algo que está
á orde do día, a vacinación, sendo a única muller que participa na expedición
da vacina da varíola dirixida ás colonias de América e Filipinas. Non só foi
unha enfermeira admirable por este feito histórico, se non que tamén o seu afán
e valor levouna a ser a reitora da Casa de Expósitos da Coruña, onde se
acollían nenos e nenas orfos e abandonados.
“Ser pobre non
significa perder a dignidade” (Isabel Zendal)
O proceso de realización...