martes, 8 de decembro de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL

 Aquí van as achegas de Lunares para este Nadal!

Día Mundial contra a violencia de Xénero

 A mellor forma de rematar coa violencia de xénero é sementar unha boa educación. Os mestr@s decidiron traballalo mediante fermosas fórmulas.



Super Lola, a superheroína que máis mola!

Traballaron o conto, o neno que non quería ser azul e a nena que non quería ser rosa.


DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 Este ano tocou mollarse!!! quixemos visibilizar este día "poñéndonos no seu lugar" polo que.. a remollo acabamos e cun paraugas de empatía os cubrimos.

Quedaron ben bonitos, eh! este ano o é puramente galego, e se chove que chova.




































GaliciaLe

 Dende fianis do curso pasado temos esta iniciativa dende a plataforma de Bibliotecas públicas de Galicia.

Deixamos o vídeo onde podedes ver o doado que é o seu funcionamento.



DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 Este ano o noso día foi distinto pero moi significativo, pois presentamos a proposta deste ano como proxecto de centro e o noso lema: NON TE DESCOIDES! COIDATE.




luns, 7 de decembro de 2020

ACTUALIZAMOS!

 Meus queridiñ@s.

Logo de tanto tempo sen ter novidades imos comentar unha serie de novidades que atinxen a este curso.

Comezar dicindo que polo momento e debido ao pouco espazo que ten a biblioteca, non podemos xuntarnos nela. Esperamos que en breve todo iso cambie.

Mentres, durante este tempo estivemos a traballar nunhas mochilas moi chulas. Nelas irán diferentes tipos de literatura e irán renovándose aos poucos.