Esta semana, por mor da celebración o 11 de febreiro do Día Internacional da nena e a muller na ciencia, englobado dentro da nosa participación no plan proxecta DONAS DE SI, celebramos as primeiras xornadas “O camiño da muller na ciencia”.
Tivemos o gran privilexio de contar no noso centro con científicas galegas que traballan en diferentes campos de
investigación: paleontoloxía, viroloxía, mitofenómica, bioloxía, magnetismo e
biomateriais.
Todas elas achegaron á rapazada a importancia da ciencia e
as dificultades que como mulleres tiveron ao longo de cadansúas carreiras
profesionais.
Grazas a cada unha das mulleres que fixeron posible esta actividade, con rigor, dispoñibilidade e ilusión por compartir.
Destacamos a frase de Eva Poveda:
“Nenas, sede o que queirades ser”.
Compartimos con vós o programa das xornadas. Se clicades nas fotos accederedes a un vídeo representativo das distintas charlas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario