A nova parada da andaina dos
clubes de lectura LUNARES EN ACCIÓN foi a novela da escritora galega María
Reimóndez, FÓRA DO NORMAL.
Unha historia cun gran trasfondo social e que trata temas
moi importantes na sociedade actual como é a diversidade afectivo-sexual. Falamos
de empatía e respecto, e debatimos sobre que constrúe a nosa propia identidade.
Aquí vos deixamos un pequeno video coas palabras que máis
nos impactaron do libro.
Seguiremos lendo. Acompañádesnos?
Ningún comentario:
Publicar un comentario